Site icon Crónica3.com A Mariña

“El Cioyo” inaugura o Outono de Teatro en Alfoz

el-cioyoAlfoz iniciou o sábado 25 de outubro o seu tradicional “Outono de Teatro”, que este ano se vai prolongar durante catro sábados. O encargado de abrir o evento foi o grupo teatral “El Cioyo”, de Castropol, que representou a obra “Esto era unha vez”, de José Ramón Oliva, con amaños de Eligio Lombardero. Unha bonita historia de nenos ambientada no ano 1947 en Asturias, na que o sentimento e a comedia participan por igual. O Outono de Teatro continuará os vindeiros días 1, 8 e 15 de novembro, cos grupos “A Adala”, de Fazouro, “Axóuxeres”, de Vilaronte, e “Ollomao”, de Barreiros.

Exit mobile version