Alfoz iniciou o sábado 25 de outubro o seu tradicional “Outono de Teatro”, que este ano se vai prolongar durante catro sábados. O encargado de abrir o evento foi o grupo teatral “El Cioyo”, de Castropol, que representou a obra “Esto era unha vez”, de José Ramón Oliva, con amaños de Eligio Lombardero. Unha bonita historia de nenos ambientada no ano 1947 en Asturias, na que o sentimento e a comedia participan por igual. O Outono de Teatro continuará os vindeiros días 1, 8 e 15 de novembro, cos grupos “A Adala”, de Fazouro, “Axóuxeres”, de Vilaronte, e “Ollomao”, de Barreiros.
“El Cioyo” inaugura o Outono de Teatro en Alfoz
“El Cioyo” inaugura o Outono de Teatro en Alfoz
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro