Ribadeo, 28 de outubro de 2014.- Un grupo de mulleres de Ribadeo participaron o pasado domingo, 26 de outubro, nunha nova edición dos Domingos a pé, que organizaron o Centro de Información ás Mulleres e a Concellaría da Igualdade. As asistentes sairon ás once da mañá en autobús cara Rinlo e alí deu comezo a andaina pola costa ata chegar a Ribadeo. O bo tempo e a beleza da paisaxe da que disfrutaron as participantes foron os protagonistas da xornada.