O vindeiro día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas en Alfoz. Para facelo, a Delegación de Cultura do Concello de Alfoz organiza unha actividade de contacontos para os alumnos de Primaria do CEIP “Castro de Ouro”. Esta actividade leva por título “Contos do peto” e correrá a cargo do grupo “Cucarandainas” de Lugo. Como o sei título indica, a historia vai de contos recollidos en petos. Ata o século XVI a xente non levaba petos na roupa, o cal era perigoso, pois sen petos para gardar as cousas era máis fácil roubarlles. Os petos son lugares ideais para gardar de todo, incluídos os contos. No peto da dereita van os contos para rir e para pasalo ben; nos petos da esquerda van os contos de temer e de chorar. Así que hai que ter moito coidado cos contos que van nos petos. O acto será no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 15.00 horas e durará uns 40 ou 45 minutos.