Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo acondiciona os arredores dos cemiterios e igrexas das parroquias de cara a Todos os Santos e Defuntos

Cervo, 27 de outubro de 2014- O Concello de Cervo informou este luns de que estes días está realizando traballos de limpeza e acondicionamento nas zonas exteriores dos cemiterios e as igrexas parroquiais de Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, San Román e Sargadelos.

Unhas tarefas coas que a administración pretende que estas zonas estean en boas condicións tendo en conta a proximidade da tradición de Todos os Santos e Defuntos. Ademais, como vén sendo habitual, vanse colocar máis contedores nesas zonas co obxectivo de reforzar o servizo de recollida tendo en conta a afluencia prevista para esta fin de semana.

Un conxunto de medidas que se veñen poñendo en marcha todos os anos con persoal municipal da brigada de obras, sempre uns días antes destas citas.

Exit mobile version