Viveiro, 28 de outubro de 2014.- A Xunta de Confrarías viveirensde deu a coñecer as bases do VII Concurso de Carteis da Semana Santa de Viveiro. Son as que seguen:
Participantes
Poderán participar todas as persoas interesadas.
Tema
Será exclusivamente a Semana santa de Viveiro.
Formato
O cartel poderá ser realizado usando pintura, debuxo, fotografía, fotocomposición… adaptándoo ó tamaño real do mesmo, que é de 69X47 cm.
Obras e presentación
Cada concursante poderá presentar soamente unha obra que deberá ser orixinal e inédita, responsabilizándose
da súa autoría y do uso legal do material gráfico utilizado na súa composición.
Os concursantes presentarán os seus datos (nome, dirección teléfono, DNI…) nun sobre cerrado co título da obra no exterior. Este mismo título porase na parte posterior da obra realizada.
A presentación das obras poderá facerse enviándolas ó apartado de correos da Xunta de Cofradías ou entregándoas na Oficina de Turismo do Concello, onde se lle dará un xustificante da súa presentación.
Xurado
O prazo de presentación será ata o 15 de xaneiro de 2.015.
O Xurado será designado pola Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación e directamente ós autores premiados.
O Xurado reservarase o dereito a declarar deserto o concurso.
Publicación
A obra gañadora publicarase mediante a confección do cartel anunciador da Semana Santa 2.015 e o resto dos premios publicaranse na revista “Pregón”, podendo utilizarse como portada da mesma así como do programa de actos ou outro folleto que edite a Xunta de Cofradías.
Todas as obras presentadas poderán ser expostas ó público.
Premios
Primeiro premio 600 €
Segundo premio 400 €
Terceiro premio 200 €
Observacións
Os premios deberán ser recollidos persoalmente por los autores de los mismos.
As obras premiadas quedarán en propiedade da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, que se reserva o derecho de editalas e utilizalas, facendo sempre mención ó autor das mesmas.
As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores unha vez finalizada a publicación das mesmas.
A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, poñerá todo o seu esmero no tratamento do material recibido, declinando, non obstante, toda responsabilidade en caso de extravío ou deterioro que puidera sofrir durante o seu envío.
Calquera caso imprevisto será resolto polo Xurado, cuxo fallo é inapelable.
O feito de concursar supón a aceptación destas bases por parte do concursante.