Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas viaxan a Móstoles na procura de 3 valiosos puntos

O Burela Pescados Rubén afronta a cuarta xornada da Primeira División con ganas de resarcirse da derrota sufrida en Vista Alegre e conseguir tres valiosos puntos na cancha do Móstoles FSF. O encontro entre madrileñas e galegas dispútase no pavillón Villafontana o sábado día 4, a partir das 18.30 horas.

Ambos conxuntos chegan a este duelo con tres puntos no seu casillero e con aspiracións de escalar na clasificación. O Burela Pescados Rubén espera un partido “de moita igualdade, o Móstoles renovouse e ten unha dinámica diferente á tempada anterior, tamén cambiou o seu corpo técnico. Mantén xogadoras con experiencia e de calidade como Patri Chamorro, Inma e María Otero que sumado ás novas incorporaciones recuperaron o seu espírito competitivo” declarou Quico Otero que espera que o seu equipo “reaccione neste partido trala derrota ante o Cidade. A semana foi positiva e o equipo está con moitas ganas de demostar que o do Cidade simplemente foi un mal partido. A actitude dos adestramentos foi moi positiva e debemos certificalo cun bo partido e funcionar como un equipo”.

Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 13.Patri

Móstoles: 1. María de Val, 3. Patri Chamorro, 6. Celia, 7. Maria Otero, 8. Inma, 9. Balle, 12. Trufa, 13. Marlasca, 15. Etayo, 16. Didi, 17. Arabel.

*Fotografía: Marián García Mesa.

Exit mobile version