A asociación AMIGOS DAS VIAXES, en colaboración coa A. RIA DEL BURGO, trasladan diferentes grupos que se aloxarán en Foz. A pasada fin de semana, foi un grupo de Vigo formado por 70 persoas, e nesta fin de semana dous grupos de Madrid de preto de 150 persoas estáran aloxados en Foz e coñecendo Foz e A Mariña. Para a fin de semana do 16 ó 19 deste mes, será un grupo de Reinosa o que tamén estará aloxado en Foz e percorrendo toda A Mariña, coincidindo coa Festa das San Lucas. A ASOCIACIÓN AMIGOS DAS VIAXES colabora con esta inicitiva que considera moi positiva para dinamizar o turismo en Foz e na Comarca e de forma especial en está época do ano. Así mesmo, “fomenta a relación social”.