Ata o 1 de decembro, David realizará labores de xestión, coa organización de torneos de base, e participando no día a día dos adestramentos da escola nas diferentes categorías, completando un total de 380 horas de prácticas.
Máis dunha década vincula o Burela FS e o IES Monte Castelo na posta en valor e difusión da práctica deportiva. Ademais de figurar como centro de traballo para o desenvolvemento formativo do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas, o convenio de colaboración entre ambas as entidades contempla a organización de charlas educativas e conferencias relacionadas coa saúde e a práctica deportiva, como axudas prestadas polo club mariñán ao centro de ensino. Pola súa banda, o instituto burelao, apoia a entidade laranxa a través de recursos humanos e materiais, cedendo as súas instalacións para diferentes proxectos.