Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comunidade de Montes de Vilaestrofe conmemora o centenario da Escola de San Román coa edición dun libro

centenario-sanromanA Comunidade de Montes de Vilaestrofe mantivo unha reunión este venres tanto co Alcalde do Concello de Cervo, Don Alfonso Villares, como co Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, D. Antonio Veiga, para recabar o apoio destas administracións na edicción do libro conmemorativo do Centenario do Grupo Escolar.

Ambas entidades mostraron a súa loubanza e ánimo de colaboración nesta iniciativa, a cal se atopa caseque na súa última fase; unha labor dirixida en todo momento por D. Francisco Piñeiro González, alma máter deste proxecto.

A recopilación de datos e documentación foi unha ardua tarea, e dende a Comunidade agradecemos a tódolos veciños, entidades, e organismos que permitiron que o libro sexa casi xa unha realidade.

Aínda restan por perfilar certos detalles, pero o día 1 de Xaneiro cúmprense 100 anos da inauguración do Grupo Escolar, e pretendemos facer a presentación do libro do Centenario o día 10 de Xaneiro, no cal, entre outros actos, está previsto colocar un busto en honra a Manuel Candia, donante do Grupo Escolar emigrado na Arxentina.

Poderiamos decir que está practicamente rematado o libro conmemorativo, no cal se recollen datos moi significativos da parroquia de San Román, dende os nosos orixes e evolución, dende a construccións das Estradas por D. José Alvarez e a Escola por D. Manuel Candia, a construcción do teleclube, do campo de fútbol, da colocación do reloxo na escola, das distintas xeracións de nenos que foron á escola,…son partes fundamentais no libro.

Queremos facer constancia sobor de todo, da labor de D. Francisco Piñeiro, que durante este tempo se convirteu nun veciño noso máis, recollendo as anécdotas, vivencias, documentación, que logo plasmou no libro. El é a parte fundamental deste proxecto, que seguro será un recordo moi importante para todos os veciños de San Román de Vilaestrofe.

Exit mobile version