A CIG celebrará asembleas de delegados/as este martes 7 de outubro para analizar os principais aspectos da reforma do IRPF que está a promover o Goberno do PP. A continuación a central desenvolverá concentracións de protesta diante das delegacións da Axencia Tributaria para rexeitar unha reforma que prexudica a progresividade do imposto e castiga máis ás rendas baixas que ás altas.
A central nacionalista entende que se trata dunha reforma que prexudica a progresividade do imposto; vén afondar no incremento do peso dos impostos indirectos sobre os directos; discrimina as rendas do traballo fronte as do capital; non contribúe ao crecemento económico e vai supor unha caída nos ingresos do Estado o que pode provocar novos recortes de investimento público, tanto en servizos públicos esenciais como no sistema público de protección social.
Fronte a isto, aposta por un modelo fiscal progresivo, máis xusto socialmente e ao servizo das clases traballadoras, que contribúa a unha redistribución real da riqueza e proporcione suficientes recursos ao Estado e á Xunta de Galiza para levar adiante políticas públicas de creación de emprego.
Horarios e lugares das mobilizacións:
-A Coruña: ás 12.00 horas diante da AEAT, na rúa Comandante Fontanes.
-Santiago: ás 12.00 horas diante da AEAT, en Salgueiriños.
-Ferrol: ás 12.00 horas diante da AEAT.
-Lugo: ás 12.00 horas diante da AEAT, na rúa da Raíña.
-A Mariña-Foz: ás 12.00 diante de Facenda, na rúa Álvaro Cunqueiro.
-Ourense: ás 11.30 horas diante da AEAT, na rúa de Santo Domingo, 24.
-Pontevedra: ás 12.00 horas diante da AEAT.
-Vilagarcía: ás 12.00 horas diante da AEAT.
-Vigo: ás 11.00 horas asemblea na Praza de América e ás 12.00 horas