Barreiros, 3 de outubro de 2014. A Aula CeMIT de Barreiros cumpre tres anos estes días. Ao longo deste tempo, segundo explica o axente TIC Manuel Pérez “fixéronse cursos de alfabetización e capacitación dixital, presenciais e por vídeo conferencia, charlas… a aula estivo aberta para uso libre de equipo e con conexión gratuíta a internet”.
Pérez subliñou que “agora a Aula CeMIT da un paso máis, quere ser un referente en canto a innovación social usando as novas tecnoloxías. E paso iso comeza sumándose ao programa Faite dixital, participando en catro módulos en horario de 16 a 20 horas”. Nos cursos abordaranse cuestións coma: configuración de dispositivos móbiles, programación de móbiles Android, ferramentas web 2.0 e a administración electrónica máis cerca.
Os interesados en anotarse ou en solicitar máis información sobre esta programación poder dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico: cemit.barreiros@xunta.es ou acudindo á propia Aula CeMIT de Barreiros.