A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público mostra o seu apoio público á manifestación convocada pola Anpa do IES Vilar Ponte este xoves na demanda dun profesor máis para o centro e contra os recortes no ensino público xeneralizados que está levando a cabo a Consellaría de Educación.
Aproveitamos a ocasión para solicitar a retirada da denuncia ás dúas nais por parte da dirección actual e unha solución consensuada ao conflito que pasaría ineludiblemente por tomar en consideración a opinión tanto do claustro como do Consello Escolar do IES Vilar Ponte que son os órganos representativos de toda a comunidade educativa implicada no proceso educativo do alumnado do centro.