Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz esixe ó goberno do PP de Foz unha maior implicación deste “desaparecido” goberno municipal

As concelleiras de Unifoz Ana Mª López Campoamor e Mª Ángeles Veiga Varela recordan que “se nos meses do verán puidemos comprobar unha falta de organización, planificación en servizos básicos como son limpeza e mantemento, resulta que no mes de setembro o goberno do PP, ABANDONA, totalmente os mencionados servizos. Como mostra pódese ver o espazo colindante coa Piscina Municipal onde están instalados os aparellos de ximnasia, o espazo verde pegado ó Pavillón Municipal, ou as zonas verdes das praias, que están sen limpar nin rozar”.

“Da a sensación de que este goberno non cre nas posibilidades de turismo para o mes de setembro e pasa de todo”. Por iso, UNIFOZ esixe unha mínima implicación ao goberno do PP de Foz, pois aínda que xa teña en funcións, ten a obriga de manter os servizos básicos nas condicións que o pobo necesita”.

Exit mobile version