pois para uns a vida é pracer e para outros dor. No caso de Emérita e Nicanor (na obra teatral Carmiña e Nemesio) o seu tango ten sabor agridoce
pois o seu amor é profundo e verdadeiro pero incomprendido polo seu entorno social. A parella vive a escondidas unha bonita e entrañable historia de amor que se ve mediatizada polas súas lecturas da obra Romeo e Xulieta. Pero o tempo pasa e as presións familiares para que deixen de verse cada vez oprímeos máis e máis, chegando a contemplar a opción do suicido como a única saída para o seu verdadeiro amor ao igual que na súa obra teatral favorita. A obra remata cunha escena dramática na que se dá a entender que ambos protagonistas intentan suicidarse e posteriormente vólvese a bailar un tango ao igual que no inicio. Na realidade
Emérita e Nicanor non faleceron senón que ambos quedaron cegos e Emérita faleceu pouco despois.