Site icon Crónica3.com A Mariña

O Tesón desvincúlase como parte da nova plataforma cidadá

A raíz de reiteradas notas nos medios nos que se fala da nova da constitución dunha plataforma cidadá, dende O Tesón queremos axustar o seguinte:

1. Ás xuntanzas mantidas teñen asistido membros de O Tesón e da súa directiva.

2. En tódolos casos fixérono a título particular.

3. O anterior foi mesmo expresado públicamente nunha xuntanza por unha persoa encargada de facelo, aclarando que despois de ser tratada en directiva a invitación, O Tesón ve con simpatía un movemento que se entende que ten como base a participación cidadá, pero non pode verse involucrado como parte.

4. Dentro de O Tesón hai xente con diversas posturas e simpatías políticas, polo que sería unha incongruencia asociar o nome do Tesón co dunha única entidade que ten as miras postas na política dunha institución como o Concello.

Somos conscientes, como sabemos se dixo tamén na xuntanza da plataforma, que unha entidade que se está a formar pasará por diversos avatares. Entre eles, o sufrir deformacións da información existente sobre ela, e nese sentido, dende O Tesón estamos disposto a asumir outra vez máis o risco de que as nosas propias accións podan ser malinterpretadas: o único xeito que hai de evitalo sería non actuar. E iso, nunha asociación nada de actuar a favor de Ribadeo, iría contra os nosos principios.

Exit mobile version