Dentro do Plan de Formación anual deseñado polo Instituto Social da Marina para os traballadores do Réxime Especial do Mar, e cofinanciados mediante o Programa Operativo Plurirregional “Adaptabilidad y Empleo” dol Fondo Social Europeo, a Dirección Provincial do ISM de Lugo impartirá o curso de de 40 horas sobre formación sanitaria: “Actualización de Formación Sanitaria Específica Avanzada”. Esta acción formativa desenvolverase entre o 13 e o 17 de outubro nas dependencias da Dirección Local de Celeiro.
Así mesmo, está previsto que no próximo mes de novembro, se organice un curso de “Formación Sanitaria Específica Inicial” (8 horas), que se impartiría nas dependencias da Dirección Local de Burela.
O número de prazas para cada un dos cursos é de 16, debendo os interesados presentar as súas solicitudes en calquera oficina de atención ó público do ISM. Tanto os modelos de solicitude, coma os requisitos para a participación ou calquera outra información sobre os cursos pódense obter nas oficinas do Instituto Social da Marina e tamén no portal de internet da Seguridad Social www.seg-social.es.