Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP di que “as cifras falan por si soas” e acusa á Deputación de multiplicar por catro a débeda dende o ano 2007

Lugo, 30 de setembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular di que “as cifras falan por si soas” e acusa á Deputación de multiplicar por catro a débeda dende o ano 2007, pasando dos 10 millóns 700 mil euros a 39 millóns.

Así o puxeron de manifesto esta mañá os populares durante a aprobación da Conta Xeral da Deputación, punto no que se abstivo o GPP ante cifras como que a débeda por habitante pasou de 30,31 en 2007 a 114,80 euros en 2013; unha subida dun 278%. Mentres, polo contra, os fondos da Deputación redúcense en preto de 30 millóns de euros.

Deste xeito, os populares invitaron a socialistas e nacionalistas a facer a comparativa entre os indicadores das contas xerais de 2007 e a de 2013; e achacáronlle ao equipo de goberno da Deputación que non son capaces de explicar de “onde saen as boas cifras que venden?”

Uns gastos electoralistas
Os populares acusaron tamén aos socialistas e nacionalistas da Deputación, dirixidos por Besteiro, de aprazar o gasto ata as eleccións municipais. Así, no 2013 quedaron en executar preto de 60 millóns de euros (57.172.553 euros).

Exit mobile version