Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela inaugura unha exposición da artista mariñá Carmina Otero

Burela, 15 de setembro de 2014. A Concellería de Cultura inaugura hoxe ás 17:30 horas unha exposición de artesanía a cargo da artista autodidacta mariñá Carmina Otero. A mostra recolle unhas 50 obras elaboradas pola autora, a partir de diferentes técnicas de reciclaxe. Os interesados poden acudir a ver estas pezas á sala de arte da Casa da Cultura burelesa, en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. A exposición estará aberta ata o vindeiro 30 de setembro.

Carmina Otero é unha artista que se formou de forma autónoma, inicialmente no campo da restauración de mobles antigos, para logo continuar experimentando con outras técnicas e materiais. A mostra que agora presenta en Burela, forma parte da súa aposta pola reciclaxe artística.

Tal e coma adiantou Monica Pedre, concelleira de Cultura de Burela, “a exposición consta dunhas 50 pezas que nacen da reciclaxe que a propia autora fai dos distintos soportes que utiliza para as súas obras. Entre os diferentes materiais utilizados nesta mostra, poderemos atopar algúns tan diversos como cadros, caixas, botellas ou pedras”.

Exit mobile version