Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello barreirense executa as obras de urbanización e mellora na zona da igrexa de San Cosme

Barreiros, 15 de setembro de 2014. O Concello iniciou a semana pasada as obras de urbanización do entorno da igrexa parroquial de San Cosme. Os traballos contan cunha subvención de 50.000 euros procedente da Xunta de Galicia e servirán para mellorar o aglomerado na rúa que da acceso á igrexa parroquial. Tamén permitirán ampliar as zonas de aparcamento e construír beirarrúas. Alfonso Fuente Parga, alcalde de Barreiros, confía en que estas obras estean rematadas antes de finais do vindeiro mes de outubro.

O responsable municipal explicou que “a semana pasada daban inicio as obras de urbanización do entorno da igrexa de San Cosme, onde está o cuartel da Garda Civil. Amplíase a zona de aparcamentos e constrúense beirarrúas, xa que só a había ata o de agora na metade do traxecto dese vieiro. E faise tamén accesible a igrexa parroquial”.

Fuente Parga engadiu que “son traballos de urbanización nun entorno urbano, no centro de San Cosme, que contan cunha subvención de 50.000 euros da Xunta de Galicia. Dende o Concello, esperamos que estas obras estean rematadas en torno a finais do mes que ven”.

O rexedor achegouse esta mañá a supervisar eses traballos.

Exit mobile version