Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá e Mondoñedo ata o luns 29 de setembro.
A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes. O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.
Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala nos Concellos de Lourenzá ou Mondoñedo ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.
A prentación terá lugar o día 2 de outubro para informar de todos os horarios e actividades confirmadas, ás 19:00 horas nos pavillóns de Lourenzá e Mondoñedo para aqueles que de momento non empezaron.
Este ano a novidade radica na posibilidade de facer a inscrición online, sen desprazamentos. Só tedes que cubrir o formulario que encontraredes en www.edlourenza.blogspot.com.es ou en www.deporteenmondonedo.blogspot.com.es.
Deportes ofertados: fútbol, fútbol sala, atletismo, baloncesto, patinaxe, tenis de mesa e bádminton.