Centos de persoas acudiron este xoves á noite ás inmediacións do Cine Teatro de Ribadeo, onde se celebrou o segundo concerto do ciclo Agosto Musical 2014, organizado pola asociación Amadores da Música. Nesta ocasión actuou a sección de vento-madeira da Banda de Música Municipal de Ribadeo, xunto co grupo Ribadeo Clarinet Connection, baixo a dirección de David Ballester. Este sábado, día de San Roque, a Banda de Música actuará na festas do copatrono da vila ribadense despois da procesión.
Concerto de vento-madeira en Ribadeo
Concerto de vento-madeira en Ribadeo
Relacionado
-
Josefa Vivero Lorenzo celebrou este sábado o seu 100 aniversario rodeada da súa familia en Mor, Alfoz
-
A parroquia ribadense de Cubelas celebra este sábado a súa festa na honra de San Vicente, con grande éxito de participación.
-
Unha caseta dun quiosco de Viveiro foi arrastrada polos fortes ventos e impactou contra unha nai e a súa filla, que resultaron feridas con diversos traumatismos