Que as administracións todas foron unha máquina de malgastar diñeiro é un feito constatado de sempre, que a mais “administracións” mais máquinas de malgaste é outro feito que constatamos nos últimos anos, e si a isto engadímoslle unha alta porcentaxe de choriceo, enriquecimiento de políticos, familiares e amiguetes destes, temos como resultado un pais do carallo.
Ninguén confia nel, ninguén dá un euro por el, xa que o que nos representa son personaxes de tan dubidosa calaña como “O Bigotes”, “O Pocero”, “O Sandokan”, “o tio Gilito, Roca e J. Muñoz” “o Jaume Matas” e outros moitos mais que están na mente de todos, atópase a día de hoxe nun calexon de dificil saída, si é que a ten, endebedada ata as cellas (Un billon de eurazos), e cun porvir mais que negro para os españolitos do montón, que somos os que imos pagando todos os dislates, roubos, tráficos de influencias, alegrías bancarias e financiamentos ilegais.
E aínda por riba, cando toda esta banda de fuxidos estábanse levando os diñeiros a esportas, agora, cando non deixaron nas arcas nin telarañas, queren, pouco mais ou menos, que llas volvamos a encher a base de sacrificios, recortes e si non é suficiente co noso sangue.
Mentres, os que despilfarrarón, esquilmarón, roubarón ou malversarón, tan campantes, coas súas costas mais que cubertas e as súas fortunas a recado en paraisos fiscais ou en bonos mais que seguros.
Todo isto, logo de haber rebañado ata o último céntimo posible con obras innecesarias, multiplicadas por centos de veces coa escusa de reactivar a economia. vimos e criticado no seu momento, como se facían tres, catro, ou…. obras seguidas na mesma rúa, abrindo, pechando e volvendo abrir gabias e aínda se nos dicía que con iso estabase reactivando a economía local, coma se aquilo non o tivese que pagar ninguén, coma se o diñeiro conseguísese utilizando sen límite unha variña máxica.
Isto que pode parecer o chocolate do loro, é só o peldaño base dunha pirámide de despilfarro formada polos miles de concellos españois, seguida polas Mancomunidades, as Diputaciones, As distintas Autonomías e como cúspide o Estado, todas e cada unha delas cos seus correspondentes bandadas de loros comendo e almacenando chocolate.
Como o chocolate era pagado entre a CEE, Papá Estado e outra parte polos distintos peldaños da pirámide, parecía que nos saía case regalado. Pois ahgora hai que sacalos recortando prestaciones aos xilipollas de sempre, usease, a todos nós e todos os mangantes, ladróns, banqueiros, trincones e políticos, de rosiñas e a vivir das rendas.
Desgraciadamente isto non é un conto de medo, isto foi nosa recente historia, é o noso presente e formará parte do noso futuro e iso si que dá medo, o futuro que nos espera aos desgraciadiños de sempre e aos nosos fillos. Os que non terán nada que temer ao futuro serán todos os beneficiarios destes dislates e as súas familias. Como para non ir mais lonxe e dado que os coñecemos, tomemos como exemplo aos beneficiarios que son de a nosa Mariña, verdade que eles non se terán que preocupar nunca polo futuro?.
Otero Regal.