Os mozos laurentinos e mindonienses que se fixeron cos triunfos foron Henar Méndez (pitufos), Diana Lastra e Nicolás Álvarez (benxamín), Aleix Díaz (alevín/infantil) e Aarón Rivas (cadete).
Así mesmo, Carmen García (benxamín) e Claudia Graña (alevín/infantil) obtiveron unha destacada segunda posición na proba na que tamén participaron Emma García (cuarta en pitufos), Brais Díaz e Ian Méndez (cuarto e quinto en benxamíns) ademais de varios atletas da sección de adultos. Luís Graña obtivo o terceiro posto en veteranos A na proba de 3,5 quilómetros igual que Lolo Piñeiro.