Mujeres en Igualdad de Burela organiza, coa colaboración do Concello de Burela, as primeiras Xornadas de Prevención de Violencia de Xénero baixo a temática “Educar en Igualdade dende a infancia”. A xornada celebrarase o xoves 31 de xullo a partir das 18.00 horas no Salón de Actos do Concello de Burela.