A xornada lúdica con xoguetes tradicionais e xogos populares reuniu a un centenar de persoas na praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, este martes pola tarde. A iniciativa foi promovida por profesores e alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui, que están pasando uns días no municipio. A eles uníronse un bo número de veciños de Lourenzá, a maior parte deles nenos e nenas, que gozaron con diferentes xogos e xoguetes como os que se usaban hai varias décadas: arcos, tirachinas, gorros feitos con follas de árbores, etcétera.
Xogos tradicionais en Lourenzá
Xogos tradicionais en Lourenzá
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro