A concelleira popular explicou que “estes días estamos procedendo ao lavado dos contedores de lixo. Facémolo despois das festas patronais de Burela e antes de que chegue a festa castrexa da vindeira fin de semana para telos o máis limpos posible”.
López Eijo lémbralles aos veciños e ás veciñas de Burela “a importancia que ten depositar o lixo en bolsas perfectamente pechadas, para evitar que os desperdicios queden soltos nos colectores. E gustaríame volver incidir na necesidade de reciclar para que pouco a pouco todos depositemos correctamente o papel nos colectores habilitados para ese fin, os bricks e latas nos contedores amarelos e o resto do lixo nos de cor verde”.
A edil de Medio Ambiente tamén fai unha chamada “para que durante o verán, é dicir ata setembro, non se baixe o lixo aos contedores ata despois das dez da noite. Deste xeito evitaremos cheiros innecesarios durante o día, nas horas nas que as temperaturas son máis altas”.