Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela investirá máis de 22.000 euros no arranxo da pista descuberta do CEIP Virxe do Carme

Burela, 28 de xullo de 2014. O Concello investirá máis de 22.000 euros no arranxo da pista descuberta do CEIP Virxe do Carme. O alcalde e os concelleiros de Obras e Educación visitaron esta mañá as instalacións.

O edil popular explicou que “nós detectáramos no seu momento que había deficiencias na pista descuberta do CEIP Virxe do Carme, de feito formábanse charcas en certas zona, a pesar de que o solo é de cemento, e volvíase escorregadiza. Polo tanto decidimos reformar esta pista polideportiva descuberta, que é usada polos nenos como patio de recreo e tamén para actividades deportivas”. E engadiu: “imos facelo cun investimento de 22.700 euros ao longo do mes de agosto. É unha actuación contemplada no plan de obras e servizos 2014 e estará rematada para cando comece o curso. Farase para que non haxa charcas e así poida facilitar aos nenos a práctica deportiva nesta pista”.

A concelleira de Educación, Mónica Pedre, sinalou que “deste xeito ratificamos, unha vez máis, o compromiso do Concello en materia educativa cunha actuación importante nun centro de ensino, tal e como manifestamos ultimamente. Imos manter os comedores escolares, as actividades de tarde nos centros e damos un paso máis adiante na colaboración cos centros de ensino e incluso en facilitar a actividade deportiva coa adecuación desta pista descuberta no CEIP Virxe do Carme”.

Ambos concelleiros e o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, así coma a director do centro, Jesús Arranz, a presidenta da ANPA, Mercedes Rubal, visitaron esta mañá esa pista e anunciaron a realización da obra.

Exit mobile version