Site icon Crónica3.com A Mariña

Numeroso público participou no Festival de Bandas celebrado en Ribadeo para conmemorar o Día da Patria Galega

festival-bandas-ribadeoRibadeo, 28 de xullo de 2014. O festival de bandas organizado pola asociación Amadores da Música para conmemorar o Día da Patria Galega reuniu a numeroso público no parque de San Francisco, de Ribadeo, o pasado venres.

Antes de empezar a música gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas do accidente ferroviario ocorrido en Santiago hai un ano e despois actuaron as bandas de música de Villaviciosa, Viveiro e Ribadeo. Para rematar o Concello, que estivo representado pola alcaldesa en funcións e concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, e Amadores da Música entregaron agasallos ás bandas de Villaviciosa e Viveiro.

O presidente de Amadores da Música, José Luis Pulpeiro, destacou a numerosa presenza de público e comentou que “houbo sorte co tempo, porque puidemos celebrar o festival sen choiva, que empezou pouco despois”.

Exit mobile version