Site icon Crónica3.com A Mariña

Mércores de natureza no Vicedo cunha ruta mixta pola costa

Este mércores 30 de xullo a partir das 10.00 horas O Vicedo acollerá unha nova actividade dos ‘Mércores de natureza’. Trátase dunha ruta mixta de sendeirismo e kaiaks que comezará na praia de Xilloi facendo parte da ruta homologada pola Federación de Montañismo Costa de O Vicedo (PR-G156) e continuando despois polo sendeiro da costa ata o porto do Barqueiro. Despois, os que queiran embarcarán en kaiaks para facer unir os mesmos puntos por mar, é dicir, entre o porto do Barqueiro e a praia de Xilloi. Hai a posibilidade tamén de facer ida e volta en sendeirismo. En caso de participar na parte dos kaiaks o custe será de 15€ por persoa. Inscrición no 982 59 01 95.

Exit mobile version