Site icon Crónica3.com A Mariña

Fomento anuncia o reforzo das medidas de seguridade na A-8 entre Mondoñedo e A Xesta

O Ministerio de Fomento está reforzando as medidas de seguridade na Autovía do Cantábrico, A-8, entre Mondoñedo e Careira (A Xesta).

Dadas as condicións climatolóxicas adversas -especialmente néboa e vento- que en ocasións afectan aos citados tramos, o Ministerio de Fomento implementará novas medidas especiais adicionais ás xa existentes desde a súa posta en servizo.

O Ministerio de Fomento, en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil de Tráfico, decidiu poñer en marcha as seguintes medidas:

-Carteis e sinais de reforzo da sinalización de alta reflectancia, de limitación da velocidade a 80 km/h en situación de néboa, con prohibición de adiantamento de vehículos pesados e obrigatoriedade de alumado nos vehículos en caso de néboa (algo que xa é esixible segundo o Regulamento Xeral de Circulación).

-Paneis de mensaxe variable nos enlaces da Xesta e Mondoñedo a efectos de informar ao usuario da autovía sobre as condicións meteorolóxicas, restriccións de tráfico, incidencias e desvíos no seu caso.

– Visibilímetros e estacións meteorolóxicas adicionais no tramo.

– Balizas de néboa (iguais ás que dispuxo a DXT na A-6 no alto de Piedrafita), colocadas no pavimento e accionadas desde o Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste.

Cabe recordar que estes dous tramos de autovía xa contaban desde a súa posta en servizo cunha serie de medidas especiais específicas para a seguridade vial en casos de fenómenos meteorolóxicos adversos, que non se dispuxeron ata agora nos da Rede de Estradas do Estado. Así, dispuxéronse tres quilómetros de lámpadas tipo LED en ambas calzadas da A-8 e nos dous carrís de circulación, así como dous paneis de sinalización variable nas zonas de peor visibilidade. Todo iso complementouse coa instalación dunha estación meteorolóxica con visibilímetro e unha cámara de televisión que axuda á DXT a decidir sobre a sinalización variable en función das condicións atmosféricas da zona. Este dispositivo especial, está conectado por fibra óptica ao Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste da Coruña.

Ademais, dispuxéronse sinais especiais para o vento nas dúas zonas de ventos transversais que son o alto do Fiouco e o viaducto de Lindín.

Reparación da vía
Traballadores de Conservación da Rede Nacional de Estradas apuran a retirada de refugallos e a reposición das vallas de seguridade e a reconstrucción da mediana. Polo mesmo, os tramos da autovía A8 entre Mondoñedo e A Xesta permanecen pechados ó tráfico.

Exit mobile version