A exposición “Días de Mar” que organiza, de forma itinerante, o Seminario Estudos Terras de Viveiro, neste caso en colaboración co departamento de Cultura do Concello de Foz, permanecerá durante todo o mes de agosto e setembro no Cenima de Foz. Este mércores 30 de xullo, ás 20.30 horas, terá lugar a primeira conferencia con proxeccións e posterior debate a cargo do cronista oficial da cidade de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, que falará sobre a pesca na Mariña.