Site icon Crónica3.com A Mariña

Día de Perú en Burela

280714 Foto festa PerúA concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, participou o sábado nos actos do 193 aniversario da independencia de Perú, que organizou a comunidade asentada en Burela. Segundo explicou a edil popular “trátase dun día moi especial para os peruanos que viven no noso pobo, polo que se reúnen e celebran a xornada con bailes tradicionais, un mundialito de fútbol e un xantar de fraternidade no que degustan produtos típicos do seu país e tamén de Burela, coma símbolo de unión de ambos pobos”. Diana Durán engadiu que “por iso desde o Concello quixemos celebrar xunto a eles esta festividade tan importante para estas persoas”. Os actos foron organizados pola asociación Raíces Peruanas en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela.

Exit mobile version