A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Diana Durán, participou o sábado nos actos do 193 aniversario da independencia de Perú, que organizou a comunidade asentada en Burela. Segundo explicou a edil popular “trátase dun día moi especial para os peruanos que viven no noso pobo, polo que se reúnen e celebran a xornada con bailes tradicionais, un mundialito de fútbol e un xantar de fraternidade no que degustan produtos típicos do seu país e tamén de Burela, coma símbolo de unión de ambos pobos”. Diana Durán engadiu que “por iso desde o Concello quixemos celebrar xunto a eles esta festividade tan importante para estas persoas”. Os actos foron organizados pola asociación Raíces Peruanas en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela.
Día de Perú en Burela
Día de Perú en Burela
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo