Mujeres en Igualdad Burela clausura o curso de pintura que Rosana Míguez impartiu para as usuarias de Bumei entre os meses de setembro x xuño. O curso reiniciarase no mes de setembro cando as socias de Mujeres en Igualdad Burela volverán a disfrutar das clases de pintura e tamén de manualidades ademais doutras actividades que teñen programadas dende a asociación coma as xornadas de formación en Igualdade e prevención da violencia de xénero, segundo avanza a súa presidenta, Mary Fraga.