Lugo 28 de xullo de 2014.- Logo de que Gómez Besteiro anunciase unha inxección de dez millóns de euros aos orzamentos da Deputación de Lugo para 2014 procedente dos remanentes, a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia esixe a Gómez Besteiro que tódolos concellos poidan participar no reparto dos 5.6 M€ destinados ás corporacións locais.
A popular esíxelle a Besteiro que tal e como lle están pedindo os veciños nas reunións sobre os Orzamentos Participativos priorize o emprego e elabore plans nos que poidan participar tódolos concellos da provincia e non programas como o que puxo en marcha meses atrás, no que so poideron participar cidadáns pertencentes a municipios da súa cor política.
A popular pídelle a Besteiro que abandone o sectarismo no reparto dos fondos públicos da Deputación de Lugo e que a transparencia e o reparto equitativo en base as necesidades reais de tódolos Concellos sexan os únicos criterios a ter en conta nas transferencias correntes e de capital.
Afirma Elena Candia que existe unha asfixia económica nos Concellos gobernados polo Partido Popular, debido a que Gómez Besteiro castiga aos rexedores e tenos sometidos a unha seca constante, incumprindo as súas competencias,
Neste senso, a voceira do PP na Deputación de Lugo pídelle a Besteiro que eses cartos que se gastan en Remanentes de Tesourería se repartan dunha maneira igualitaria en base as necesidades reais de tódolos concellos e que abandone a súa práctica habitual, sectaria e partidista, de reparto de fondos públicos de tódolos lucenses.
A popular recordou que o seu grupo lembrou na última rolda de prensa que 15 concellos da cor política do PSOE e do BNG recibiron nun ano máis diñeiro (4.036 M€) a través de procedementos excepcionais, que tódolos concellos xuntos en catro anos do Plan de Obras e Servicios (POS)”.
Concluíu Candia afirmando que Gómez Besteiro sigue gastando en Remanentes gracias á situación envexable que herdou.