Foz, 28 de xullo de 2014. A charla titulada A pesca na Mariña, que correrá a cargo do cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, e será a primeira do foro Días de mar, aprázase para este venres, día 1 de agosto. Terá lugar ás 20:30 horas no Cenima de Foz.
A segunda conferencia leva o título de Problemática actual da pesca e será impartida polo capitán de pesca José Pino González. Está programada para o día 9 de agosto, sábado, ás 12 do mediodía.
O día 30 de agosto, sábado, ás doce do mediodía terá lugar a charla titulada Bitácora de navegante a cargo do práctico de porto e capitán da mariña mercante Andrés Díaz Ferro.
A cuarta conferencia será o 13 de setembro, sábado, ás 12 do mediodía, titúlase Un mar de cultura e será impartida polo mestre e escritor Vicente Míguez Salgueiro.
O foro rematará coa charla titulada Construción dunha comunidade mariñeira, a cargo do profesor de Antropoloxía da Universidad Nacional de Educación a Distancia José Manuel Montero Llerandi. Será o 27 de setembro, sábado, ás doce do mediodía.
Este ciclo está organizado polo Seminario de Estudos Terras de Viveiro e o Concello de Foz.