Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza do Souto acollerá entre o 31 de xullo e o 3 de agosto as XIV Veladas de teatro e VII Expres-arte

Un ano máis, e van catorce, na primeira fin de semana de agosto a Praza do Souto de Cervo oferta catro noites de teatro, música, poesía e maxia con entrada libre para tódolos públicos ás 21.30 horas dos días 31 xullo, 1, 2 e 3 de Agosto.

Estas XIV Veladas de teatro e VII Expres-arte organizadas polo grupo de teatro O Bordelo coa colaboración do Concello de Cervo convidan a disfrutar cada noite cunha representación teatral precedida dun aperitivo cultural variado que xuntos conforman o programa seguinte:

Xoves 31 de xullo: O MAGO JORGE abrirá a VII Edición de Express-arte e o grupo de teatro A ADALA de Fazouro porá en escena “Sen seu amor”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.

Venres 1 de agosto: CÁNDIDO PALEO, a Voz do Valadouro, precederá ao grupo teatral El CIOYO de Castropol coa obra titulada “A defunta e outras herbas” orixinal de José Ramón Oliva e dirixida por Eligio Lombardero.

Sábado 2 de agosto: JOSÉ JUAN FERREIRO cun recital poético dará paso ao grupo de teatro LA CAPACHA de Gijón que representará a obra “Arizona” escrita por Juan Carlos Rubio e dirixida por José Luis Fernández.

Domingo 3 de agosto: ex – compoñentes da ORQUESTRA MASEDA ofrecerán a esencia da música en directo para a continuación o grupo de teatro O BORDELO de Cervo escenificarán “A fonte dos soños” escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.

Exit mobile version