Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa limpan a praia de Esteiro con mozos e mozas de Xove no Día Mundial do Medio Ambiente

“Segregando, segregando…el Planeta voy cuidando”, é o lema da iniciativa que congrega este xoves a voluntarios de Alcoa San Cibrao, nenos e mozos do Club Natación Xove e veciños que se queiran sumar, para limpar a praia de Esteiro de Xove, na xornada conmemorativa do Día Mundial do Medio Ambiente.

Rubén Bartolomé, director de Alcoa San Cibrao, e Demetrio Salgueiro, Alcalde de Xove, asistirán a este evento promovido polo Club de Natación local que recibe ademais 3.000 dólares de Fundación Alcoa como apoio a esta iniciativa dos voluntarios.

Está prevista a participación de 50 nenos e mozos de entre 7 e 16 anos, que xunto cos voluntarios e veciños, farán que a praia recupere a súa beleza natural e libre de desperdicios.
Como introducción á actividade, o Xefe de Medio Ambiente de Alcoa San Cibrao, Bruno Salgado, informará sobre a importancia da recollida selectiva dos residuos para o entorno natural e, polo tanto, para a sociedade. Así mesmo, supervisará a segregación dos materiais de desfeito que se recollan na praia, tarefa que os mozos participantes aprenderán a realizar de maneira divertida e lúdica, a través de xogos e concursos organizados expresamente para ese fin.

O Concello de Xove conmemora activamente o Día Mundial do Medio Ambiente participando nesta iniciativa e outras como a campaña de promoción da compostaxe e numerosas xornadas de formación e educación medioambiental para nenos e adultos.

Exit mobile version