As monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia, do Concello burelés, están a realizar un xogo denominado Pasapalabra Medioambiental, no CEIP Virxe do Carmen. Está baseado no célebre concurso de televisión, pero coa singularidade de que todas as definicións do rosco están relacionadas co medio ambiente e coa asignatura de Coñecemento do Medio. Segundo explican as monitoras de Galicia “todos os/as alumnos/as de Primaria participarán no xogo, xa que hai dous roscos diferentes para cada curso con definicións adaptadas a cada nivel. É sen dúbida unha maneira lúdica de afianzar os coñecementos que o alumnado ten sobre o medio ambiente e de promover unha conciencia medio ambiental de respecto e coidado sobre o que nos rodea”. O Pasapalabra Medioambiental tivo lugar onte e hoxe e seguirá o vindeiro 11 de xuño.