Este venres 6 de xuño de 2014 a partires das 20.30 horas, no Hotel Casa Franco de Alfoz, levarase a cabo a entrega de diplomas do 1º Curso de Cestería Tradicional impartido polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo.
Procederase á entrega dos diplomas por parte de Jordi Melián Pagés, secretario do Seminario de Estudos do Valadouro, e Xabier Pardiñas Suárez, presidente do Seminario de Estudos do Valadouro. Escusa a súa asistencia Antonio Veiga Outeiro, Vicepresidente da Deputación de Lugo, por encontrarse na entrega dos premios ó deporte lucense.
Os alumnos desta primeira promoción do 1º Curso de Cestería Tradicional, ós que se lle entregarán os diplomas, son: José Luís Pardiñas Uz, Santiago Pena Chao, Ramón Xesús López Escourido, Nazareth Fernández González, Jacobo Rivas Val, Xusto Maseda Paz, María José Pardiñas Suárez, Angeles Geada Pena, Eugenia Prieto Seijo e Emilio José Febrero Prieto. Tamén se lle entregará unha insignia ó profesor do curso José Ramón Vázquez González.
Inscrición 2º curso de cestería tradicional
Recórdase tamén que se abre a inscrición para o 2º Curso de Cestería Tradicional que se celebrará a partir do mes de setembro de 2014. Trátase dun curso gratuíto, patrocinado pola Deputación de Lugo, polo que os alumnos pagarán unicamente o custe do material (Socios Seva – 20 € / Non Socios – 35 €). Poden inscribirse nos teléfonos 647570025 (Xabier) ou 629785166 (Jordi).