López Rego engadiu que “dende a Concellería de Medio Ambiente seguimos na teima de concienciar aos veciños e veciñas do concello sobre a importancia que ten o reciclaxe na nosa vida cotiá. É fundamental saber en cal dos colectores de residuos debemos depositar cada cousa para que todo siga o seu proceso normal de reciclaxe. Esperamos que con esta e outras accións que se están levando a cabo sigamos na boa liña e consigamos que o Concello de Foz sexa un dos pioneiros no tratamento de residuos”.