Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela acolle este mércores a sinatura dos convenios coas asociacións culturais e educativas

Burela, 3 de xuño de 2014. Este mércores, ás 18:00 horas no Concello, están convocadas once asociacións vinculadas coa cultura e coa educación para asinar outros tantos convenios derivados das subvencións nominativas incluídas no presuposto do Concello de 2014. O total de cartos a distribuír entre estes colectivos ascende a 12.900 euros.

A concelleira de Cultura e Educación, Mónica Pedre, lembrou que “nos últimos anos as asociacións culturais non tiveron subvencións, practicamente ningunha, e recuperáronse no último trimestre do ano pasado. É a nosa intención que os colectivos que asinarán mañá os convenios poidan xa preparar a documentación para, si poden, presentala cos debidos xustificantes, facturas, etc, coma outro tipo de documentación para que poidan cobrar esas subvencións canto antes”.

A edil popular engadiu que “despois de asinar xa as subvencións por parte das entidades sociais e culturais quedarán, case con total probabilidade, para a vindeira semana as entidades vinculadas co mundo do deporte e da náutica.

Exit mobile version