Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés Faladora limpa ríos e praias

Esta fin de semana Nordés convida a coñecer mellor a natureza da bisbarra tan fermosa e, para moita xente, tan descoñecida. Propoñemosvos ó tempo un compromiso co respeto e a protección do medio ambente, e para iso retomamos a campaña das inspeccións do Sor dentro do Proxecto Ríos o sábado 7 en xornada de mañá e tarde (Ponte Segade e A Furada de Ribeiras do Sor). E tamén, a xeito de participación activa nos actos polo Día Mundial dos Océanos, o domingo 8 pola tarde faremos unha xornada práctica e teórica de concienciación. A mesma desenvolverase na praia de San Román (O Vicedo), e consistirá na limpeza do areal e unha charla sobre a problemática da contaminación dos mares.

Exit mobile version