Esta centrouse na metodoloxía de traballo no Obradoiro CAB, en cales son as funcións de cada un dos membros do corpo técnico e a distribución das mesmas, plantexando un cronograma no cal destácase a importancia de realizar un traballo diario coa mentalidade de que “somos un gran equipo formado por pequenos equipos (área deportiva, técnica, marketing, comunicación…)”, co obxetivo de “transformar unha plantilla nun equipo de alto rendemento”, sendo necesario así establecer os valores dende o punto de vista global ó individual a cada compoñente do equipo.
Moncho tamén destacou que a reducida estructura de persoal do Obradoiro CAB con respecto a outros clubs aínda fai máis necesaria a implicación dos seus membros, ademais dunha forte “lealdade” entre eles que axude a afianzar o club na máxima categoría profesional do baloncesto español, a liga ENDESA.
Por último incidiu na evolución positiva que existe en xeral na preparación dos diferentes membros que compoñen os staff técnico (entrenadores, axudantes, preparadores físicos, fisioterapeutas…), a cal garantiza un próspero futuro neste ámbito destacando ós profesionais galegos.
Con este último relatorio ponse punto e final ás III Xornadas Formativas Academia Imdecum 2014 despois da visita de Ángel Barajas, profesor de Economía Financieira da Universidade de Vigo, e Sara Alvarez, Miguel Blanco e Iván Carballeira do Judo Club Lugo.