Site icon Crónica3.com A Mariña

Miro Casabella, Tino Baz, David Bellas, o grupo de improvisación e a Coral Alborada, no concerto “Por Ceibar a Voz”

Este sábado 7 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o concerto homenaxe ao músico do Valadouro Miro Casabella.

O concerto, organizado polo colectivo viveirense Pensamento e sementeira dará comezo coa interpretación de dúas pezas por parte do grupo de Improvisación do Conservatorio de Música ao que seguirá a actuación do gaiteiro David Bellas que interpretará unha peza da súa autoría dedicada ao músico homenaxeado.

O cantautor guardés Tino Baz, nado en 1972 no barrio da Robaleira e que hai anos participou xunto ao grupo A Quenlla e o cantautor Miro Casabella no circuíto cultural dos concertos VAI DE CAMIÑO, cantando en diferentes lugares do pais, interpretará pezas do seu repertorio que é o resultado do tratamento de adaptacións de composicións populares mesturado coa palabra dos poetas. Así atopamos xunto a melodías tradicionais, musicacións de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, Marica Campo, Bernardino Graña, entre outros.

Pechará o concerto a Coral Polifónica Alborada que se une así a este segundo homenaxe a Miro Casabella organizado na comarca.

Exit mobile version