O colexio Martínez Otero de Foz pon fin neste mes de xuño ás actividades que durante este curso se levaron a cabo en Educación Infantil. Entre outras actividades, os alumnos visitaron unha vaquería e unha pescadería, tiveron charlas de espeleoloxía e náutica, realizaron talleres de elaboración e degustación de comida sa, elaboraron pasta de papel, reciclaron e reutilizaron diferentes materiais. E, para este mes temos prevista unha excursión en tren á veciña localidade de Burela, na que gozaremos dunha bonita visita guiada á lonxa coa que se pretende espertar a curiosidade do alumnado mediante a observación e vivencia da súa contorna máis inmediata. Como fin de curso, a finais de mes levarase a cabo, unha vez máis, a graduación dos nosos alumnos de 6º de Infantil. Alumnado, profesores e familias gozaran coa proxección de fotografías, os discursos e a entrega de diplomas que marcan o final da etapa Infantil e anuncian o comezo da súa entrada en Primaria.