Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito dos ‘Domingos a pé’

domingos-peÉxito da nova edición dos Domingos a pé, que tivo lugar o pasado 1 de xuño polas Fragas de Becerreira, no veciño concello de Trabada. A andaina estivo dirixida por Teresa Díaz, da asociación Pena Tallada. As asistentes disfrutaron dun día de convivencia e ocio e da beleza da paraxe visitada dentro das actividades dos VIII Foros Permanentes para Mulleres, que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM.
A seguinte saída será o vindeiro 15 de xuño ao spa de Vilalba. As mulleres interesadas en acudir poden inscribirse ata o 6 de xuño pasando polo auditorio municipal ou chamando ao teléfono 982 120 808. A cota de inscrición é de 15 euros. As asistentes participarán nunha sesión de baño no clube termal, a unha clase de ximnasia na auga e tamén terán acceso ás saunas.

Exit mobile version