Facía varios anos que se levaba intentando facer esta festa, pero este ano foi posible grazas á idea de dous rapaces que decidiron participar acompañados das súas familias e amigos no programa da TVG “Entre Familias Anda o Xogo”.
Edgar Cao López e Adrián Cao Hermida proclamáronse vencedores conseguindo o diñeiro para facer esta festa. Así, despois de 17 anos a Santa Filomena volverá a ter festa na súa capela.
Conta cun entorno inmellorable na Serra do Xistral e cunha capela de estilo románico que data do século IX ou X -unha das máis antigas da comarca- e que no seu interior se poden ver pinturas que datan do século XVI.
A festa celebrarase o vindeiro sábado 14 de xuño. Haberá misa solemne e procesión ás 13.30 horas seguida dunha sesión vermú e verbena coa orquestra Delirio.
A comisión quere “agradecer a todas as persoas que nos axudaron e botaron unha man para que esta festa sexa unha realidade”.