As Escolas Deportivas de Barreiros clausuran a súa tempada 2013 – 2014 cunha serie de actos que se celebrarán este mércores 4 de xuño. A partir das 18.00 horas haberá exhibición de patinaxe artístico a cargo do alumnado desta sección e ás 19.00 horas serán a quenda dun partido de fútbol sala infantil e cadete con pais/nais/monitores. Finalmente, o acto de clausura desenvolverase a partir das 20.000 horas coa entrega da Memoria das Escolas Deportivas 2013-2014 e unha merenda final para todos os asistentes.